O Barbanza celebra a súa forza cultural na entrega dos Premios Barbantia 2025. Video

13 Decembro 2025

A Casa da Cultura de Porto do Son acolleu esta tarde a entrega dos Premios Barbantia da Cultura 2025, nun acto que reafirmou o papel esencial da comarca do Barbanza como motor creativo e espazo de cidadanía comprometida coa cultura.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou na cerimonia e destacou o labor da asociación Barbantia, á que definiu como “revulsivo cultural” e “exemplo de cidadanía comprometida”. Formoso subliñou que Barbantia naceu da iniciativa dun grupo de persoas vinculadas á creación cultural que soñaron con construír un espazo común para a libre circulación das ideas. “A Deputación seguirá ao voso lado, defendendo e promovendo esa forza cultural que nos define”, afirmou.

Nesta edición, os galardóns recoñeceron as traxectorias do pintor ribeirense Antonio Pérez, do artista, escritor e crítico de arte Manuel Olveira, e do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, entidades e persoas que, segundo Formoso, “representan a forza colectiva da cultura” e contribúen a proxectar o Barbanza como territorio cultural con futuro.

Durante o acto, tamén se puxo en valor o compromiso da Deputación coa cultura como dereito e ferramenta de cohesión social, a través da Rede Cultural, que garante programación anual en toda a provincia cun investimento superior aos dous millóns de euros.

Os Premios Barbantia consolídanse así como unha cita de referencia na axenda cultural galega, recoñecendo o talento local e impulsando a creación artística na comarca.

VIDEO: XIX PREMIOS BARBANTIA DA CULTURA 2025

Premiados Barbantia 2025

Antonio Pérez

Premio Barbantia á Traxectoria Cultural no Barbanza 2025
Recoñécese o labor dunha vida dedicada á promoción, estudo ou divulgación da cultura na comarca, converténdose nun referente para o tecido cultural barbanzán.

Museo Valle-Inclán

Premio Barbantia á Iniciativa Cultural no Barbanza 2025
O museo é distinguido polo seu papel dinamizador e pola súa contribución constante á preservación e difusión da figura e legado de Valle-Inclán, así como á promoción cultural da comarca.

Manuel Olveira

Premio Barbantia da Cultura Galega 2025
O galardón recoñece a relevancia e proxección dun creador ou xestor cultural galego, destacando neste caso a traxectoria dunha figura de referencia no panorama cultural de Galicia.

A gala, organizada por Barbantia en colaboración co Concello de Porto do Son e La Voz de Galicia, incluiu tamén a presentación do Anuario de Estudos do Barbanza 2025, o VIII Recompilatorio A Voz de Barbantia e o Suplemento Cultural nº 210.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.