Noia celebra este domingo a VIII Xornada de Exaltación do Berberecho cunha degustación solidaria na Alameda

09 Decembro 2025

O Concello de Noia celebrará este domingo, 14 de decembro, a VIII Edición das Xornadas de Exaltación do Berberecho, unha cita gastronómica e festiva que terá lugar na Alameda a partir das 13.00 horas. O evento, aberto a veciños, veciñas e visitantes, contará cun donativo solidario de 5 euros, que será destinado integramente a Cáritas e Cruz Vermella.

A degustación ofrecerá unha selección de elaboracións tradicionais preparadas con berberecho de Noia, un dos productos máis emblemáticos da ría de Muros-Noia. Entre as propostas gastronómicas incluiranse empanadas de trigo, empanadas de millo e arroz con berberechos, poñendo en valor a calidade e singularidade deste recurso marisqueiro.

A cita estaba inicialmente programada para novembro, pero tivo que ser adiada pola presenza de toxina no mar, razón pola que se retoma agora “unha vez garantidas todas as condicións sanitarias para o consumo”, segundo informou o Concello.

O concelleiro do Mar, Manolo Seijas, salientou que “esta festa é unha homenaxe ao traballo do sector marisqueiro e unha oportunidade para que a xente coñeza e deguste un produto de máxima calidade como é o berberecho de Noia, ademais cun claro compoñente solidario”.

Pola súa parte, o secretario da Confraría de Pescadores San Bartolomeu de Noia, Adelo Freire, destacou que “estas xornadas son froito do esforzo conxunto do sector, das institucións e da veciñanza, e serven para reivindicar o valor económico, social e cultural do mar en Noia”. Engadiu, ademais, que “o berberecho é identidade, tradición e sustento para moitas familias, e iniciativas coma esta axudan a visibilizar ese labor”.

A organización convida á participación masiva nunha xornada que combina gastronomía, tradición mariñeira e compromiso social, e que volve situar a Noia como referente na exaltación do seu produto estrela.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...