Folga total do transporte este 5 de decembro na provincia da Coruña

05 Decembro 2025

O servizo de autobús interurbano da provincia da Coruña quedou totalmente suspendido este venres, 5 de decembro, debido á xornada de folga convocada polos sindicatos CIG, UXT e CCOO. A protesta afecta a todas as liñas que conectan os distintos municipios coruñeses, incluíndo o transporte escolar.

Os sindicatos explican que a convocatoria xorde #ante a paralización do convenio colectivo, que leva catro anos sen avances. Denuncian que as condicións laborais do sector volvéronse “obsoletas” e que a patronal mantén unha “negativa constante” a negociar.

O comité de folga tamén responsabiliza á Xunta de Galicia, á que acusan de “mirar cara a outro lado” e de non intervir para facilitar un acordo que evite a paralización do servizo. Segundo os representantes sindicais, esta falta de implicación supón “un desprezo” cara aos traballadores e cara aos usuarios do transporte público.

Ante a previsión dun impacto elevado, o comité emitiu un comunicado para advertir directamente á cidadanía, ante o temor de que nin a administración autonómica nin as empresas operadoras informen de forma adecuada. Por iso, recomendan aos usuarios buscar alternativas de mobilidade durante a xornada.

A pesar da folga xeneralizada, a medida non afecta o servizo urbano da Coruña, xestionado pola Compañía de Tranvías, que conta cun convenio propio.

Outros artigos

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

“Con pólvora del rey…”. José Castro López

La expresión “disparar con pólvora del rey”, muy arraigada en nuestra sociedad yespecialmente utilizada en el ámbito político, tiene su origen en los Tercios españoles.Los arcabuceros, que debían costear la munición con su escasa soldada, procurabaneconomizarla y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.