Até 700 deportistas participaron na XX Carreira Mar de Boiro, na que se impuxeron Pablo Otero e Mullunesh Marina Porteiro

07 Decembro 2025

Este domingo 7 de decembro celebrouse a XX edición da Carreira Mar de Boiro, o 18º Memorial Pepe Buceta: unha proba na que participaron 700 deportistas e que puntuou para o XI Circuíto Provincial de Carreiras da Deputación da Coruña.

O evento arrincou a primeira hora Comeza coas categorías mini e supermini.

Logo foi a quenda dos escolares e dos maiores, con dez quilómetros de percorrido (10K).

O tenente de alcalde, Luis Ruiz, e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, fixeron a entrega dos premios aos participantes. Finalmente os grandes vencedores da xeira deportiva foron Pablo Otero (Club Atletismo Narón), na modalidade masculina (cun tempo de 32 minutos e 10 segundos), e Mullunesh Marina Porteiro (da Sociedade Ximnástica de Pontevedra), no apartado feminino, cun tempo de 39 minutos e 3 segundos.

Na categoría masculina o segundo clasificado por Yago Lijó, do Triatlón Rianxo, a algo máis dun minuto de Pablo Otero, e o terceiro lugar de podio foi para Alberto Mariño, da SD Compostela Atletismo. Na vertente feminina a segunda foi Aiona Gontán, da SD Compostela Atletismo, a algo menos de medio minuto da primeira, seguida de María Teresa Cimadevila, do Club El Canario de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.