As Raíñas Magas volverán visitar as parroquias de Boiro (este domingo 4 de xaneiro de xira polo concello)

29 Decembro 2025

Este 4 de xaneiro os diferentes núcleos de Boiro van celebrar unha festa de “pre-Reis Magos”. Concretamente, celebrase a visita das Raíñas Magas a todas as parroquias do concello, co obxectivo de descentralizar as festas de Nadal e levar a ilusión a todos os recunchos do termo municipal. A xira das Raíñas Magas comezará ás 11.30 horas en Abanqueiro.

Trátase dunha actividade realizada polo grupo de voluntariado Turbina e o Concello.

A continuación damos conta do roteiro:

Data: domingo 4 de xaneiro

11.30h – Abanqueiro (Centro Social)

12.30h – Cespón (Casa dos veciños)

13.30h – Bealo (unitaria de Ponte Beluso)

16.00h – Macenda (campo de golf)

17.00h – Cures (Centro Social)

18.00h – Escarabote (Centro Social)

19.00h – Cabo de Cruz (Centro Social)

20.00h – Boiro (Praza de Galicia)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.