A Deputación da Coruña e Mulleres Salgadas organizarán en Noia un obradoiro de habilidades comunicativas dirixido ás mulleres do mar

16 Decembro 2025

A Deputación da Coruña, no marco da súa liña específica de apoio ao sector pesqueiro provincial e, en particular, ao colectivo das mulleres do mar, promove en colaboración coa Asociación Mulleres Salgadas un obradoiro de habilidades comunicativas orientado a reforzar a visibilidade deste colectivo.

Así o confirmou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, tras a reunión que mantivo, xunto á deputada de Emprego e Medio Ambiente, Rosa Ana García, coa presidenta da entidade, María José Vales e a coordinadora xeral, Sandra Amézaga.

A acción formativa desenvolverase en Noia e está dirixida principalmente ás mulleres do mar da provincia, especialmente mariscadoras, redeiras, bateeiras e percebeiras. O seu obxectivo é “mellorar as competencias comunicativas das participantes” e “favorecer unha maior presenza feminina nos espazos de decisión do sector pesqueiro, contribuíndo ao recoñecemento social e profesional dun colectivo clave para o desenvolvemento socioeconómico da provincia e para a sustentabilidade do sector primario da súa franxa costeira”.

Explican as ditas entidades que “a contribución das mulleres do mar ao ámbito pesqueiro é esencial, tanto desde o punto de vista profesional como persoal”, e, de feito, “alén do seu traballo diario, desempeñan un papel fundamental na diversificación económica e social dos seus territorios, na defensa da mellora das condicións laborais, na dignificación do sector e na garantía do relevo xeracional”.

Con esta iniciativa, a Deputación da Coruña reafirma o seu compromiso co apoio ás mulleres do mar, co obxectivo de “reducir as múltiples barreiras que aínda dificultan a súa participación activa nas organizacións profesionais e nos espazos públicos de decisión, favorecendo así o seu protagonismo e capacidade de influencia nos procesos de avance e sustentabilidade do sector pesqueiro”.

O programa está dirixido a mulleres interesadas en participar activamente na vida social e colectiva, con especial atención ás mulleres do mar, e contará cun máximo de 16 participantes. Desenvolverase ao longo de dez sesións semanais, cun total de 25 horas de formación, a partir de febreiro de 2026.

A formación será impartida pola Asociación Mulleres Salgadas, que empregará unha metodoloxía vivencial, práctica e participativa, centrada no intercambio de experiencias e na aprendizaxe colaborativa.

Mulleres Salgadas é a primeira e única asociación autonómica galega de mulleres do mar. Nacida no ano 2016, converteuse nun referente do sector pesqueiro galego e europeo, representando a máis de 2.000 mulleres que desenvolven a súa actividade en todos os ámbitos relacionados co mar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.