A Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade pecha a edición 2025 do Programa de Respiro Familiar Re-Conecta

29 Decembro 2025

A Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade (ABAS), entidade de referencia no eido social da comarca, puxo fin á edición deste ano do seu Programa de Respiro Familiar Re-Conecta, unha iniciativa dirixida a persoas con discapacidade psicoaocial ou intelectual. O programa, que se desenvolveu desde o mes de maio ata decembro, contou cunha ampla oferta de actividades de lecer, como obradoiros, visitas a museos ou viaxes de ocio.

Como broche final, os participantes realizaron a tradicional visita a Vilanova de Cerveira, en Portugal, con posterior parada en Tui, onde gozaron dun día de convivencia e lecer. Ao redor de 70 persoas usuarias participaron nesta saída, pero a repercusión do programa vai máis aló, xa que beneficia a 70 familias, ao ofrecer un espazo de descanso e conciliación para os seus familiares, permitindo un respiro aos coidadores.

O Programa de Respiro Familiar Re-Conecta ten como principal obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e as súas familias, proporcionando un espazo no que os usuarios poidan participar en actividades enriquecedoras e os seus familiares poidan gozar dun tempo de descanso e xestión dos seus propios compromisos.

A Deputación da Coruña colaborou nesta iniciativa achegando unha subvención de 6.758,40 €, que se suman aos 2.744,80 € do programa de investimentos FOIE/2025, que tamén foi destinado á entidade. Estas axudas permiten a ABAS continuar co seu labor de inclusión social e apoio ás familias da comarca, ademais de seguir desenvolvendo novas actividades que fomenten a integración e a participación das persoas con discapacidade.

A Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade reitera o seu compromiso co benestar das persoas con discapacidade e coas súas familias, e agradece ás administracións e colaboradores a súa implicación para facer posible este tipo de proxectos.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.