ULA Libraría Social (Outes) celebra este domingo 30 o seu primeiro ano de actividade

24 Novembro 2025

ULA Libraría Social, o innovador proxecto cultural e social da Serra de Outes (na rúa da Capela), celebra este mes de novembro un ano de vida achegando libros, presentacións e actividades dinamizadoras a veciños e visitantes.

Farao cunha gran festa o vindeiro domingo 30 de novembro, a partir das 12.30 horas: un festexo ao que está convidada toda a veciñanza e que incluirá petiscos, bingo e descontos sobre produtos da libraría.

Será unha cita para, en palabras da responsábel da libraría, Maitane Vicente, “celebrar este primeiro ano cheo de compartires, vivencia e tantísimo cariño”. A celebración é gratuíta en con ela a libraría quere devolver á xente de Outes “unha parte pequeniña” de todo o impulso que lle deron a proxecto nos seus primeiros doce meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.