UCIN Galicia: “Ribeira merece unha alternativa seria, transparente e centrada nas persoas”

03 Novembro 2025

UCIN Galicia, a través do seu coordinador José Luis Calo, emitiu un comunicado no que expresa a súa preocupación “pola situación económica e política que vive o Concello de Ribeira, logo de anos marcados por débeda, obras con sobrecustes e unha xestión pública afastada das necesidades reais da veciñanza”, sinalou a agrupación engadindo que resulta “evidente que Ribeira necesita un cambio profundo; non podemos seguir atrapados
entre vellos modelos de política que deixaron débeda, improvisación e desconfianza cidadá”.

José Luis Calo é coordinador de UCIN Galicia

Neste punto, UCIN Galicia postúlase novamente como “esa alternativa limpa, responsábel centrada nas persoas”, declarou Calo.

No comunicado sinalan que o de Ribeira “é un Concello hipotecado polos erros do pasado” e que “a situación financeira da Administración local continúa lastrada por unha débeda que supera os 9 millóns de euros, ademais de facturas pendentes e proxectos inacabados que impiden avanzar en servizos e infraestruturas”.

Destacan que “a obra da EDAR, o tarifazo no saneamento, os sobrecustes en proxectos como o mercado, o auditorio ou a parada central son exemplos dunha política de gasto sen planificación que agora pagan todos os veciños”. E engaden: “Non se pode aceptar que os mesmos responsables desa etapa sigan ocupando postos clave no actual executivo bipartito. Iso non é cambio, é continuidade”, afirmou o coordinador de UCIN Galicia.

Entre as liñas prioritarias de UCIN para Ribeira destacan:

-Auditoría pública da débeda e das obras executadas nos últimos anos.

-Revisión das taxas e tarifas municipais para aliviar a carga das familias.

-Recuperación da confianza cidadá mediante transparencia orzamentaria e participación veciñal real.

-Impulso do emprego local, comercio e servizos de proximidade.

-Atención prioritaria aos barrios e parroquias, moitas veces esquecidos.

Chamamento á cidadanía

“Ribeira non pode resignarse. Hai talento, enerxía e ilusión neste municipio. UCIN Galicia vai traballar con humildade, pero con firmeza, para ofrecer unha opción política honesta e comprometida co futuro da nosa cidade”, concluíu Calo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.