Touriñán presentou en Rianxo o proxecto Mulleres que Contan

10 Novembro 2025

O Pazo de Martelo (Rianxo) acolleu esta fin de semana unha xornada organizada polo GDR Deloa dedicada a poñer en valor a diversidade, a calidade e o potencial das iniciativas LEADER no medio rural, poñendo o foco nas axudas LEADER 2026 para persoas emprendedoras, entidades e iniciativas con ganas de transformar o territorio. Desenvolveuse baixo o epígrafe Voces que transforman o rural.

O encontro contou coa participación de Xosé A. Touriñán, que presentou o proxecto Mulleres que Contan, así como de Cristina Pazos, Fran Dosil e Alicia Romero, quen compartiron as súas experiencias e como o programa LEADER foi clave para facer realidade os seus proxectos.

Mulleres que Contan, explicaron, é unha iniciativa de creación audiovisual comunitaria que recolle as voces, experiencias e memorias das mulleres maiores e migrantes de Galicia, dous colectivos que dedicaron e dedican gran parte da súa vida aos coidados. A través da construción colectiva dun arquivo audiovisual e dun relato común, o proxecto busca visibilizar o valor dos coidados -como un valor esencial nun presente de conflitos e crise climática–, para repensar a súa distribución e implicar –desde o desexo– a outros membros da familia e da comunidade.

O broche final puxérono os sons tradicionais de Amaiante, agrupación de música tradicional de Rianxo.

Informaron que axiña abrirase a nova convocatoria de axudas LEADER, e que quen teña interese nesta liña de axudas pode poñerse en contacto co GDR DELOA do que forma parte o Concello de Rianxo.

O obxectivo da xornada foi poñer en valor diferentes voces do territorio como ferramenta clave para o desenvolvemento rural. á cun espazo aberto e con petiscos.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...