Sanidade confirma a chegada dunha nova ambulancia medicalizada a Barbanza no primeiro trimestre de 2026

24 Novembro 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, mantivo este luns unha reunión cunha representación do sector empresarial do Barbanza na que detallou as melloras asistenciais previstas para o distrito sanitario, entre as que salientou a incorporación dunha nova ambulancia medicalizada con base en Ribeira.

Acompañado polo director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Román Gómez, o conselleiro explicou que os orzamentos da Xunta para 2026 inclúen os recursos necesarios para poñer en marcha este novo servizo. A previsión é que a ambulancia estea operativa no primeiro trimestre do próximo ano e dea cobertura aos concellos de Rianxo, Boiro, Ribeira, Porto do Son e A Pobra do Caramiñal.

Durante o encontro tamén participou José Ramón González Juanatey, ata hai pouco xefe do Servizo de Cardioloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago, co que se analizaron as melloras que suporá o novo dispositivo no traslado de pacientes con patoloxías cardíacas.

Ademais da ambulancia medicalizada, o Executivo galego destacou outras actuacións previstas para o distrito sanitario de Barbanza. Entre elas figura a licitación da redacción do proxecto do Hospital de Día Oncohematolóxico, que permitirá evitar que os pacientes teñan que desprazarse ao Clínico de Santiago; a adquisición dun novo mamógrafo para o Hospital Comarcal, cun investimento de 326.700 euros; e a mellora da envolvente e da eficiencia enerxética deste centro hospitalario, para a que se reserva un millón de euros.

Na reunión participaron tamén o CEO de Congalsa, Luis Miguel Simarro; o presidente do Grupo JJ Chicolino, Juan José Fajardo; e a directora de Relacións Institucionais de Jealsa Rianxeira, Margarita Hermo.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.