Sábado 8, intervalos nubrados e algún chuvasco illado

07 Novembro 2025

Este sábado,8 Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, o que deixará unha xornada de ceos con intervalos nubrados e a posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional, especialmente no noroeste durante as primeiras horas do día.

As temperaturas descenderán lixeiramente, mentres que os ventos soprarán do suroeste, con intensidade moderada no litoral norte e noroeste e frouxa no resto da comunidade (16-18 graos).

O domingo o ceo estará parcialmente nubrado con precipitacións máis probables na metade oeste do territorio co avance do día e sendo xeneralizadas cara á noite acompañadas de treboadas.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sueste á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 3 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 4 a 5 metros á mañá, 3.5 a 4.5 metros á tarde e 3 a 4 metros á noite.

Outros artigos

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.