Porto do Son acolle un curso de balde sobre educación emocional e técnicas de relaxación

03 Novembro 2025

O Concello de Porto do Son, xunto a Escola Galega de Saúde para Cidadáns, organiza un curso gratuíto de educación emocional e técnicas de relaxación dirixido a mulleres maiores de idade, no que se tratarán diferentes técnicas de meditación e e concentración, e, en definitiva, recursos para mellorar a saúde mental e física. Amais, analizaranse os síntomas e efectos do estrés e a ansiedade, as posibles causas e factores claves.

As persoas asistentes poderán coñecer, entender e aprender a xestionar as emocións, o estrés a ansiedade no día a día. Tamén lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio e/ou transición vital como enfermidades o dores.

A cita será o 10 de novembro en horario de 16:00 a 20:00 horas, na Biblioteca municipal de Porto do Son.

As prazas son limitadas.

As prazas resérvanse do 3 ao 8 de NOVEMBRO, a través do enderezo electrónico maria.santos.lemina@portodoson.gal ou a través da propia plataforma da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.