Polémica en Dodro pola acusación de UVD favoritismo na concesión de licenzas. O Goberno cualifica de “falsas” as informacións.

14 Novembro 2025

Ante as informacións difundidas polo grupo político Unidade Veciñal de Dodro nas que se pon en dúbida a limpeza dos procesos de concesión de licenzas na Administración local (suposto favoritismo na concesión das licenzas), o equipo de Goberno local emitiu un comunicado no que sae ao paso desas acusacións, ás que cualifica de “falsas”.

Publicación de UVD que motivou o comunicado do Concello

Explica o Executivo que a empresa Matadero del Sar, S.L. ten solicitado nos últimos meses distintos permisos de obra con distintas finalidades e “todas as licencias seguiron as canles e os procedementos habituais e a empresa pagou os impostos e taxas correspondentes”.

Algunha destas solicitudes está aínda sen resolver, apuntan, engadindo que a firma Matadero del Sar S.L. foi acredora dunha subvención de 1.100.000,00 da Xunta de Galicia, segundo consta no Diario Oficial de Galicia de data 14 de agosto de 2023 e “nesta mesma publicación recóllese que a axuda concedida ten como finalidade incentivar os investimentos para a transformación e comercialización de produtos agrarios”.

No comunicado o Goberno sinala que “estes investimentos non teñen porque ser, como pretende dar a entender UVD, unha única obra e poden incluír a compra de maquinaria, mobiliario ou outro tipo de bens non suxeitos a impostos e taxas municipais”.

Recomendan á agrupación “ler adecuadamente as resolucións de axudas e entendelas” e sinalan que “a propia natureza da axuda obriga a unha transparencia absoluta, unha contabilidade específica que reflicta unicamente o uso dos fondos e a presentación de toda a documentación precisa”.

Así, engaden, “se parte dos fondos son destinados a unha obra, a empresa terá que presentar a licenza correspondente ou a solicitude da mesma”.

Dende o Goberno de Dodro queren destacar que “o investimento total da empresa Matadero del Sar SL en Dodro pretende alcanzar os 3.728.407,83 € polo que é de destacar que a parte privada é moi superior á pública”.

E proseguen: “Emprazamos a Unidade Veciñal de Dodro a que non sega o camiño de outros grupos e se informe antes de publicar bulos que prexudican, máis que ao grupo político que goberna, ao concello e a imaxe de rigor que calquera institución pública debe ter. Tódalas empresas, tódolos grupos políticos e tódolos procesos poden ser criticados desde a sociedade e desde os seus representantes no concello. Esa crítica ten que ser feita coa verdade por diante, o populismo na política non ten cabida”.

Outros artigos

Alerta laranxa o sábado con risco de treboadas sobre todo no interior

Activada este sábado a alerta laranxa ante a previsión de intensas tormentas e precipitacións que afectarán principalmente ao noroeste e ao interior da provincia da Coruña. Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o aviso activarase a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.