Padrón obtén o título de “Pueblo Mágico de Galicia”

17 Novembro 2025

Padrón foi elixido Pueblo Mágico de Galicia, un recoñecemento que consolida ao municipio como un dos destinos culturais e patrimoniais máis destacados da comunidade. A votación, aberta entre o 3 e o 10 de novembro, reuniu máis de 145.000 participacións en todo o Estado. No caso galego, emitíronse arredor de 13.000 votos, dos que Padrón obtivo o 49,2%, é dicir, uns 6.300 apoios, situándose como o municipio máis votado da comunidade.

Esta distinción, impulsada pola Rede de Pueblos Mágicos de España e polo Instituto de Desenvolvemento Local e Estudos Sociais (IDL), premia aos concellos que sobresaen pola súa protección e divulgación do patrimonio cultural e natural, pola promoción da cultura local e polo seu compromiso co desenvolvemento sostible.

O Concello de Padrón agradeceu “profundamente” o apoio recibido por parte da veciñanza, asociacións, colectivos, centros educativos, sectores profesionais e persoas de toda Galicia que se implicaron na difusión e defensa da candidatura. Tamén destaca a colaboración e o respaldo de entidades amigas, como o Ayuntamiento de Arjonilla, que contribuíron a lograr este importante resultado.

Cos este título, Padrón reforza a súa presenza na Rede de Pueblos Mágicos, da que forma parte desde novembro de 2024, sendo ademais a primeira localidade da provincia da Coruña en incorporarse a este selo de calidade turística e cultural.

Este recoñecemento supón un impulso para continuar fortalecendo a promoción do patrimonio, do turismo sostíbel e da cultura local, ademais de converterse nunha ferramenta estratéxica para seguir poñendo en valor a singularidade do municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.