Outes celebra a III Gala do Deporte Municipal o 20 de decembro

14 Novembro 2025

A III Gala do Deporte Municipal de Outes xa está en marcha. Segundo fixo saber o Concello, a nova edición deste importante evento deportivo celebrarase o sábado 20 de decembro de 2025 ás 20h no Pazo do Tambre (Pontenafonso). Trátase dunha cita xa consolidada no calendario deportivo de Outes dirixida a “recoñecer o esforzo, a paixón e os logros de deportistas, clubs, adestradores/as e entidades que fan do deporte un motor de vida no noso municipio”, informou o Concello. As categorías de recoñecemento son as seguintes: mellor deportista outense (masculino e feminino), deportista novel (nados/as en 2009 ou posteriores), mellor adestrador/a, equipo destacado, club ou entidade deportiva, premio ao patrocinio e colaboración, evento deportivo do ano e mencións especiais.

Calquera persoa, club ou entidade pode presentar propostas (candidaturas) ata o 23 de novembro.

Organiza a Concellería de Deportes en colaboración co tecido deportivo local, Protección Civil e o apoio da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.