O primeiro concurso de tapas “Rois nun bocado!” arranca en Urdilde esta vindeira fin de semana

04 Novembro 2025
A paella de marisco do Hotel Camiño do Mar

Urdilde converterase esta vindeira fin de semana na protagonista do I Concurso de Tapas Rois nun bocado!, unha iniciativa promovida polo Concello de Rois para promover a hostelería do municipio e recoñecer a creatividade dos seus establecementos.

A primeira edición do concurso bota a andar en Urdilde do venres 7 ao domingo 9 de novembro. As persoas que o desexen poderán achegarse ata o Hotel Camiño do Mar ou a Casa rural Fogar do Selmo para saborear as súas propostas culinarias.

O primeiro ofrecerá unha paella de marisco, mentres que o Fogar do Selmo participará coas súas tostiñas celtas, en dúas versións: unha con presa de porco celta á grella con pan e alioli caseiro, e outra con panceta de porco celta e pan. As tapas teñen un prezo único de 2 euros.

O certame continuará as dúas seguintes semanas noutras tantas zonas do municipio.

En Augasantas, do 14 ao 16 de novembro, participarán a Taberna Angueira e o Restaurante Casa Benjamín; e en Oín, Rois, Seira e Sorribas, farano o Café-bar A Lúa, o Café-bar Malecón, a Taberna O Pemento, o Bar Muelle Rois e o Restaurante Val de Rois entre o 21 e o 23 de novembro.

Os clientes maiores de 18 anos poderán participar no sorteo de tres vales de 100 euros para gastar nos establecementos adheridos sempre e cando completen polo menos tres selos de dúas zonas diferentes. En cada local poderán facerse co tríptico no que deberán poñer os seus selos e tamén votar pola súa tapa favorita. As tapas máis votadas decidirán os establecementos gañadores dos tres premios do concurso, dotados con 300, 250 e 150 euros. Recibirán, ademais, unha placa acreditativa.

O alcalde de Rois, Ramón Tojo, aproveitou a presentación do concurso a semana pasada para explicar que “Rois nun bocado! é unha proposta que nace para poñer en valor o talento dos nosos hostaleiros e a calidade dos produtos locais, ao tempo que se dinamiza a vida social e se promove o turismo de proximidade”.

As tostiñas celtas do Fogar do Selmo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.