O noiés José M. Martínez presenta na súa terra, este venres, “Morriña. Gallegos en Suíza”

14 Novembro 2025

Este venres 14 de novembro preséntase en Noia, no Edificio do Casino, o libro Morriña. Gallegos en Suiza, do escritor local (natural do Obre) José M. Martínez, que estará presente no acto xunto co tamén escritor Ramón Carredano e a concelleira de Cultura de Noia, Chelo Martínez Pérez. A cita literaria dará comezo ás 20.00 horas. A vertente musical da presentación virá da man de Habanoia. Trátase dun libro que afonda na nostalxia e nas vivencias da emigración galega en Suíza.

Morriña, xunto con Buscando e O Camiño, do mesmo autor, forman parte dunha triloxía literaria que en formato de relato, historia ou narrativa, que busca “plasmar as vicisitudes de homes e mulleres, especialmente mulleres, que non conformes coa sorte que lle deparou o destino, non dubidan en emigrar a outros países buscando a estabilidade económica e emocional que a terra que lles viu nacer lles nega”.

Morriña é o relato dun home, José Lavandeira, axente de seguros, e unha muller, Carol Loira, dinamizadora social, que se coñeceron casualmente en Zúric e ao longo das súas viaxes polo país helvético, van descubrindo as frustrantes situacións nas que viviron a maioría dos galegos emigrantes en Suíza, na década dos setenta aos noventa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.