O Concello de Ribeira e a Asociación de Empresarios abordan novas accións de impulso comercial e mellora urbana

11 Novembro 2025

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, mantivo unha reunión coa Asociación de Empresarios de Ribeira para abordar temas de interese en materia comercial e de dinamización económica. No encontro tamén participaron o primeiro e terceiro tenente de alcaldía, Vicente Mariño e Ana Barreiro, así como a concelleira de Promoción Económica, Carmen Pérez.

Durante a xuntanza analizáronse as distintas campañas de dinamización comercial que se desenvolven cada ano, entre elas a próxima campaña de Nadal, na que a patronal ribeirense —presidida por Francisco Martínez— xa está a traballar. Estas iniciativas teñen como obxectivo fomentar o consumo local e xerar un impacto positivo na economía e na sociedade. O goberno municipal ratificou o seu apoio a estas accións e valorou a posibilidade de retomar o programa de bonos comercio.

Outro dos asuntos tratados foi o mobiliario urbano e a ornamentación do centro da cidade. O Executivo local comprometeuse a reubicar determinados contedores do lixo en localizacións máis axeitadas, “para evitar prexuízos tanto aos establecementos locais como aos veciños”.

Tamén se abordou o problema do “feísmo” urbano derivado da cartelería obsoleta, especialmente en baixos comerciais baleiros. A alcaldesa avanzou que o Concello está a traballar nunha campaña de mellora estética das rúas, que incluirá o incremento da ornamentación vexetal e medidas para mellorar a iluminación do centro urbano.

Infraestruturas empresariais: polígono industrial e circunvalación

Os representantes empresariais puxeron sobre a mesa dúas das súas principais demandas: o incremento de chan industrial e a posta en marcha da circunvalación de Ribeira. Ambas cuestións foron cualificadas polo goberno local como “prioritarias nas que xa se está a traballar”, co obxectivo de favorecer o desenvolvemento económico e a competitividade empresarial do municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.