O Concello de Ribeira adxudica o subministro de equipamento e mobiliario na vivenda de emerxencia social A Garita

14 Novembro 2025

O Concello de Ribeira informa da adxudicación do subministro e instalación de equipamento e mobiliario para vivenda de emerxencia social A Garita. O procedemento diferénciase en catro lotes.

No apartado de equipamento de cociña e baño atópanse a mampara de ducha, vitrocerámica, forno, microondas, campá extractora, frigorífico, lavalouza, lavadora, prancha, mesa de para pasar o ferro, batedor eléctrico, aspiradora, televisión, móbeis, mesado, billas, mesa e cadeiras.

Dentro dos téxtiles dotarase con edredóns, xogos de roupa de cama, cobertores, toallas, alfombras, manteis e coxíns.

Para mobiliario para dous dormitorios e salón contémplase sofá, mesa de centro, butacas, armario auxiliar de baño, canapés, colchóns, mesas de noite, cabeceiros, armarios, espello, recibidor, móbel e mesa de oficina e estores.

Mentres que nos utensilios de cociña van tódolos elementos necesarios para o día a día: pratos, vasos, cubertos, tixolas…

O orzamento de licitación situouse nos 23.517,39 euros, IVE incluído, presentándose dúas empresas ao primeiro lote, tres ao segundo, tres ao terceiro e dúas ao cuarto. Finalmente, a mellor oferta económica en cada un dos lotes foi por parte da empresa Cesar Gonzalez, S.L. por unha contía total de 23.167,83 euros, financiados no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, dentro dos fondos europeos NextGenerationEU. O prazo de execución é de mes e medio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.