O Concello da Pobra involucra ás novas xeracións na loita contra a violencia de xénero con obradoiros, teatro e un scape room

18 Novembro 2025

Desmárcate! da violencia de xénero. Ese é o eixo e lema central da nova campaña que a Concellería de Igualdade da Pobra do Caramiñal pon en marcha para conmemorar o 25 de novembro (Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero). A concelleira, Estefanía Ramos, presentou o programa da nova edición, moi centrado en concienciar e sensibilizar “ás novas xeracións, peza clave na erradicación desta lacra social”, explicou. A programación inclúe contacontos, obradoiros de sensibilización, representacións artísticas, teatro e mesmo un scape room sobre a violencia machista.

Por unha banda, ademais das sesións de contacontos realizadas nos últimos días, xa están en marcha os obradoiros lúdicos de sensibilización contra a violencia machista. Estes realizaranse ata o venres, 21 de novembro, no CEP Salustiano Rey Eiras e do 26 ao 28 de novembro no CEP Pilar Maestú Sierra.

Pola outra banda, este venres, 21 de novembro, celebrarase a Mesa Local de Coordinación Institucional contra a Violencia de Xénero do Concello da Pobra. Será ás 10.00 horas na Casa da Mocidade.

O propio martes, 25 de novembro, inaugurarase a exposición artística Zapatos vermellos, realizada cos centros de educación primaria do municipio. Ese mesmo día, os rapaces e rapaces poderán gozar, ademais, da obra Crisálida. Ás 19.00 horas, os xardíns de Valle-Inclán acollerán a concentración do 25N, que dará comezo xunto á escultura en homenaxe ás vítimas da violencia de xénero.

O programa concluirá o mércores, 26 de novembro, con dúas novas propostas para os máis novos: o Túnel das voces, unha instalación inmersiva para o estudantado do IES da Pobra do Caramiñal e un scape room contra a violencia de xénero para o alumnado do CPR Divino Maestro. Ambas actividades estarán impartidas por Koremi.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.