O BNG e PSdeG impulsan un plan para mellorar a seguridade viaria e crear novas prazas de estacionamento gratuíto en Ribeira

21 Novembro 2025

Os grupos municipais do BNG e do PSdeG presentaron no pleno da Corporación unha iniciativa conxunta para que o Concello de Ribeira reactive e execute as actuacións de mellora da seguridade viaria que quedaran iniciadas antes da moción de censura. Ambos grupos insisten “na importancia de avanzar cara á un modelo de mobilidade que poña ás persoas no centro, reduza os riscos de atropelo e mellore a fluidez do tráfico e a convivencia entre vehículos e peóns”.

Lembran as agrupacións que durante o período no que asumiron responsabilidades de goberno “déronse pasos relevantes nesta dirección, reforzándose a pintura de marcas viarias, os pasos de peóns e as contornas escolares, ademais de impulsar actuacións nas parroquias e construír pasos elevados en puntos clave, como na rúa Romero Ortiz e outras estradas”.

Estas medidas, sinalaron, “completábanse cun aumento da vixilancia policial nos lugares onde se detectaban velocidades excesivas nos que a veciñanza reclamaba adopcións de medidas de calmado de tráfico; e todo isto formaba parte dun plan integral de mellora da seguranza viaria que incluía tamén a renovación da pintura horizontal, o reforzo da sinalización e a iluminación dos pasos de peóns, especialmente nos puntos con maior tránsito”, explicaron, engadindo que “o actual desgaste da pintura e a falta de sinalización clara dificultan a percepción das zonas de prioridade peonil, especialmente en condicións de pouca visibilidade, o que eleva o risco de accidentes”. Por iso consideran “imprescindíbel” recuperar as actuacións previstas e reforzar con urxencia a sinalización viaria nas áreas máis sensíbeis.

Un proxecto “clave” para As Avesadas

Apuntaron que un dos proxectos que quedou pendente é o da rúa Estatuto, no barrio das Avesadas. A proposta elaborada polos grupos busca converter en sentido único o tramo que conecta con Rosalía de Castro e Alcalde Fernández Bermúdez, completando así a ordenación viaria do barrio, onde xa predominan as rúas dun só sentido. “Este cambio permitiría mellorar a seguridade das persoas peóns, reducir os conflitos co tráfico e facilitar o calmado da circulación”, sinalaron, engadindo que isto “faría posíbel gañar preto de vinte novas prazas de estacionamento gratuítas para vehículos e motos, ao tempo que ofrecería marxe suficiente para ampliar unhas beirarrúas que actualmente resultan moi estreitas e que dificultan a mobilidade de persoas con carriños, nenos ou mobilidade reducida”.

A actuación incluía tamén a mellora da rotonda situada entre os dous estacionamentos disuasorios e o reforzo da pintura e sinalización de toda a contorna, co obxectivo de incrementar a seguridade e facilitar unha mobilidade máis ordenada. Tamén se contempla o pintado de prazas do estacionamento disuasorio pavimentado co que se gañarían outras 20 prazas para vehículos.

A proposta presentada ao pleno solicita que o Concello execute as actuacións que estaba previsto executar pois contan con informe policial favorábel nas rúas Estatuto, Constitución e na contorna da rotonda das Avesadas; que se reforcen as tarefas de pintura horizontal en pasos de peóns e nas zonas con maior risco de atropelos; e que se impulsen campañas de educación viaria en colaboración cos centros educativos para sensibilizar á mocidade e á infancia sobre unha mobilidade segura.

O portavoz do BNG e ex-alcalde, Luís Pérez Barral, asegura que “o proxecto para a rúa Estatuto é unha oportunidade clara para mellorar a seguridade e, ao mesmo tempo, ordenar mellor a mobilidade no barrio das Avesadas. Convertendo este tramo en sentido único conseguimos algo moi importante: gañar espazo para ampliar beirarrúas que hoxe son insuficientes e inseguros, e crear preto de vinte novas prazas de estacionamento gratuítas. É unha solución que beneficia ás persoas que camiñan, ás que conducen e ao propio barrio”.

“Pedimos ao goberno local que deixe de atrasar decisións que xa estaban encamiñadas e que execute actuacións ás que só lles falta vontade política. Ribeira non pode quedarse atrás en materia de seguridade viaria. A cidadanía merece rúas máis seguras, mellor sinalizadas e adaptadas ás necesidades dunha mobilidade moderna e sostíbel”, incidiu Pérez Barral.

Pola súa banda o voceiro socialista, Francisco Súarez-Puerta, indicou que “esta proposta melloraría a seguridade da veciñanza e tamén da contorna do parque infantil e do colexio Galaxia”. Ademais Suárez-Puerta indicou que a proposta permitiría gañar moitas prazas de estacionamento gratuíto, algo necesario logo da prohibición de Portos de restrinxir case un cento de prazas”.

BNG e PSdeG-PSOE conclúen que a posta en marcha destas actuacións permitiría incrementar de forma significativa a seguridade viaria, protexer ás persoas peóns, mellorar a accesibilidade do barrio das Avesadas e ampliar a oferta de estacionamento gratuíto, avanzando cara a unha Ribeira mellor organizada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.