O alcalde da Pobra pide a colaboración da Xunta para facer fronte á mellora da rede de auga, que requiriría dun investimento de 6 millóns

20 Novembro 2025

O alcalde da Pobra, José Carlos Vidal, solicitou esta semana a colaboración da Xunta de Galicia para facer fronte a dous proxectos: a mellora da rede municipal de abastecemento de auga e o arranxo do vertedoiro de Moldes, compartido con Ribeira.

Trátase de dúas iniciativas que o primeiro edil cualificou como “esenciais e que deberían executarse en colaboración co organismo autonómico, xa que o Concello carece dos medios técnicos e materiais necesarios para realizalas”.

Así o trasladou o primeiro edil nunha reunión que mantivo coa directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, María José Echevarría, e co representante de Augas de Galicia, Gonzalo Mosquera, á que tamén asistiron a técnica de Medio Ambiente e o arquitecto municipal. Tal e como advertiu, unicamente o investimento para pór ao día as infraestruturas de abastecemento suporían un desembolso de 6 millóns de euros, “unha contía inasumíbel para A Pobra”.

Por unha banda, no caso do subministro da auga, o primeiro edil lembrou que a ETAP da Pobra ten 60 anos de antigüidade. Algo que fai que “a instalación estea obsoleta e sexa insuficiente para cubrir a demanda actual malia ao mantemento constante que realiza o Concello e á tecnoloxía achegada pola empresa concesionaria”. Ademais, as últimas analíticas arroxaron diversos parámetros que non compren coas normativas, e que se traducen en incumprimentos puntuais na calidade da auga. A solución pasaría, tal e como indicou o rexedor, pola construción doutras dúas estacións de tratamento.

Vertedoiro de Moldes

Pola outra banda, o vertedoiro de Moldes requiriría, tal e como indicou o primeiro edil, dunha reparación “urxente” tras o desprendemento que sufriu. Neste caso, pediuse a cooperación do organismo autonómico para arranxar da cobertura de protección das láminas de selado do vertedoiro.

Para dar solución a ambas cuestións, Vidal Suárez solicitou asesoramento e financiamento para o desenvolvemento das actuacións, “que consideramos prioritarias”, subliñou Vidal.

Desde a Xunta de Galicia comunicouse que non se asumirá o financiamento directo das intervencións, pero acadouse o compromiso de que colaborará con asesoramento e supervisión dos traballos necesarios.

O primeiro edil incide en que “a falta de financiamento limita a capacidade do Concello para executar as medidas requiridas (a do abastecemento e a do vertedoiro), que precisan dun investimento inabarcábel para un concello como o da Pobra”.

José Carlos Vidal indicou que continuará buscando alternativas e “fórmulas para garantir que estes proxectos se executen en beneficio de toda a cidadanía”.

Rexeneración do bordo litoral dos Areos

O alcalde da Pobra, acompañado do arquitecto municipal, mantivo tamén unha reunión co director xeral de Patrimonio, os seus xefes territoriais e o xefe da demarcación de Costas en Galicia con motivo do proxecto de rexeneración do bordo litoral dos Areos. Na actualidade, o proxecto está paralizado por un informe negativo da Dirección Xeral de Patrimonio posto que, entre outras actuacións, propoñíase a demolición das naves en ruína existentes. Ditas naves está catalogadas polo PXOM e, en consecuencia, non se pode proceder ao seu derrubamento.

Desde a Dirección Xeral de Patrimonio abriron a posibilidade de modificar puntualmente o PXOM mudando a catalogación desta edificación, un trámite que tería que vir acompañado dun estudo arqueolóxico.

Outros artigos

A pintura de Rosa Fernández Caamaño regresa a Noia

O Casino de Noia acolle do 4 ao 31 de agosto unha nova exposición da artista noiésa Rosa Fernández Caamaño, unha oportunidade para descubrir a obra dunha creadora profundamente vencellada á súa terra de orixe. Nada en Noia, Rosa Fernández Caamaño desenvolveu a súa...

+

Xoves 6, sol e suba da temperatura

Durante o xoves Galicia queda na influencia das altas presións con réxime de ventos do nordés. Con esta situación comezaremos a xornada con ceos parcialmente cubertos, con orballos no extremo norte e co avance do día as nubes iranse retirando en xeral, permanecendo as...

+

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nómades e emigrantes” – José Manuel Pena

“Nómades e emigrantes” – José Manuel Pena

Que está a acontecer coa falta de humanidade cara a moita xente que sae dos seus países en busca dun futuro mellor, lonxe da miseria económica e da falta de liberdade ou vivindo situacións de conflitos armados. Son persoas inocentes pero pobres, sen máis nada que o...

“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

O presidente que non o foi de España porque non quixo - a realidade foi que os votos a prol acadados nas eleccións xerais do país en cuestión non foron dabondo para que sí poidera selo e o segundo na listaxe de candidatos soubo gañarse a confianza da maioría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.