Novembro remata con novas concentracións pola sanidade pública en Ribeira (hoxe) e Aguiño e A Pobra (este venres)

27 Novembro 2025

A Plataforma en defensa da sanidade pública da comarca da Barbanza vai desenvolver nesta recta final de novembro novas mobilizacións para reclamar melloras nos servizos de atención da comarca:

-Xoves 27 ás 12 concentración diante do Centro de Saúde de Ribeira, pola cobertura do 100% das prazas de medicina de familia.

-Venres 28 ás 11:30 concentración diante do Centro de Saúde de Aguiño, e ás 12.00 concentración diante do Centro de Saúde da Pobra do Caramiñal, pola cobertura do 100% das prazas de medicina de familia.

Como vén sendo habitual, a axenda inclúe a lectura de manifestos en defensa dun sistema sanitario público, universal e de calidade, que porán o foco na precariedade do servizo sanitario na comarca do Barbanza, que, segundo denuncian dende a plataforma, “levan anos sufrindo falta de medios e persoal” e “precisan medidas urxentes da Consellería de Sanidade para emendar unha situación, de por si crítica, que se agrava estas semanas de xullo e agosto coa chegada da poboación turista”.

Entre as principais queixas figuran a falta de médicas/os de familia, o colapso nas citas de atención primaria, a redución de servizos no hospital comarcal e a precariedade laboral do persoal sanitario. Os manifestantes tamén esixen máis recursos para a atención á saúde mental e unha maior cobertura nos centros periféricos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.