Noia organiza un obradoiro de defensa persoal para mulleres no marco do 25N

14 Novembro 2025

No marco das actividades programadas para celebrar o 25N, Día para a Erradicación da Violencia Contra as Mulleres, a Concellería de Igualdade de Noia organiza o vindeiro sábado 22 de novembro un Obradoiro de Defensa Persoal para Mulleres.

Trátase, segundo confirmou o Concello, de “promover a autonomía, seguridade e apoderamento das mulleres”.

Estamos ante unha actividade dirixida a mulleres maiores de 16 anos. Será este sábado 22 de novembro de 2025, en horario de mañá e de tarde (10:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00), no Casino de Noia.

As inscricións están abertas até o vindeiro 19 de novembro no Centro da Información á Muller de Noia (o CIM). Máis información no teléfono 619 970 846 e na conta cim@concellodenoia.gal. Será unha actividade de balde pero con prazas limitadas (cómpre inscrición).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...