Muros e A Pobra participan no II Encontro Internacional de Mulleres Electas “Les Elegides”, en Mallorca

06 Novembro 2025

Dúas alcaldesas e sete concelleiras dos municipios socios en Galicia do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade teñen estes días a oportunidade de intercambiar experiencias con 140 políticas locais de trece países no II Encontro Internacional de Mulleres Electas Les Elegides, que se celebra hoxe e mañá en Palma de Mallorca.

As alcaldesas María Lago, de Muros, e Carmela López, de Burela, e as concelleiras Laura Rivadeneira, de Muros; Patricia Lojo e Amparo Cerecedo, da Pobra do Caramiñal; Pilar Barja, de Bergondo; Patricia Diego e Estela Pérez, de Nigrán, e Noelia Freijeiro, de Malpica de Bergantiños, participan nas xornadas a través da Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad, co apoio da Agencia Española de Cooperación Internacional al Desarrollo.

Baixo o lema Liderado, innovación e boas prácticas desde o Sur e o Norte Global, o encontro aborda estratexias para fortalecer as redes de electas e a súa influencia na gobernanza local.

Fortalecer o liderado das donas, reflexionar sobre as resistencias que enfrontan para permanecer no cargo e destacar o seu rol innovador na transformación dos servizos públicos son os obxectivos deste espazo de intercambio impulsado polo Fons Mallorquí de Cooperació.

Segundo ONU Mulleres, só o 35,5% das persoas que ocupan cargos en órganos deliberativos locais no mundo son mulleres.

Estes datos, segundo lembraron as alcaldesas a concelleiras galegas, participantes, poñen de manifesto a necesidade de seguir impulsando espazos de diálogo, colaboración e aprendizaxe compartida como o que o propio Fondo Galego organizou o ano pasado na Coruña: As Elixidas.

“A paridade na representación política non é só un dereito, senón tamén unha condición indispensábel para a democracia, o desenvolvemento sustentábel e unha gobernanza máis inclusiva”, subliñaron, engadindo que “a democracia plena necesita a voz, a acción e a permanencia das mulleres”.

De Palestina a Galicia

Entre a vintena de conferenciantes de Europa, África, América Latina e o Mediterráneo que intervirán no programa de Les Elegides atópase a palestina Hanan Kaoud, concelleira de Ramala (Cisxordania) e experta en xénero, que a próxima semana visitará oito concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Co título Visita ao Norte. A voz resiliente das mulleres palestinas, desenvolveranse recepcións institucionais e encontros abertos á cidadanía na Pobra de Trives, Allariz, Culleredo, Abegondo, Santiago de Compostela, Muros, Silleda e Soutomaior, coa seguinte axenda:

Luns 10/11
A Pobra de Trives – 16:30h. Auditorio Julio Vázquez. Encontro con Hanan Kaoud.
Allariz – 19:15h. Casa do Concello. Recepción institucional – 19:30h. Fogar dos Maiores. Encontro con Hanan Kaoud.

Martes 11/11
Culleredo – 12:00h. Casa do Concello. Encontro con Hanan Kaoud.
Abegondo – 18:30h. Casa do Concello. Encontro con Hanan Kaoud.

Mércores 12/11
Santiago de Compostela – Pazo de Raxoi. Recepción institucional.
Muros – 17:00h. Local Social de Sorribos (Abelleira). Charla-café con Hanan Kaoud.

Xoves 13/11
Silleda – Casa do Concello. 10:30h Recepción institucional. 11:00 Encontro con Hanan Kaoud.
Soutomaior – 17:00h. Casa do Concello. Encontro con Hanan Kaoud.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.