Hanan Kaoud denuncia en Muros a ocupación e o xenocidio de Palestina

14 Novembro 2025

A palestina Hanan Kaoud, concelleira de Ramala (Cisxordania) e experta en xénero, estivo este mércores 12 de novembro pola tarde en Muros. A visita forma parte dunha actividade do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que o Concello de Muros forma parte.

Nun Local Social de Sorribos (Abelleira) ateigado de xente, Hanan Kaoud explicou “como a poboación palestina foi e segue a ser expulsada do seu territorio, coa creación de asentamentos de colonos israelís que fragmentan o espazo”.

“Róubannos as terras e restrinxen a mobilidade colocando cancelas de ferro que pechan de xeito aleatorio, obrigándote a agardar durante horas”, explicou a edil cisxordana, que engadiu que “mesmo hai mulleres que dan a luz nos check-points porque non as deixan pasar”.

“Unha honra e un pracer ter hoxe en Muros a Hanan Kaoud, unha muller moi valente que é testemuña do xenocidio que sufre Palestina por parte de Israel”, asegurou a alcaldesa, María Lago.

Laura Rivadeneira agradeceu a asistencia da veciñanza para escoitar “a historia de Hanan, que é un exemplo de dignidade e loita polos Dereitos Humanos”.

Antecedentes

Para Hanan Kaoud, o xenocidio non comezou en 2023, senón moito antes, e denuncia que o publicitado alto o fogo “non é tal, xa que tanto en Gaza como en Cisxordania continúan os bombardeos, contribuíndo a diseminar a poboación”.

“A día de hoxe, a axuda humanitaria comezou a entrar en Gaza, pero é totalmente insuficiente: non teñen acceso a comida, auga, electricidade ou sanidade”, lamentou.

Neste contexto, as mulleres sofren por partida dobre, xa que ás prácticas colonizadoras súmanse as desigualdades e a violencia de xénero, explica Kaoud. “Eu mesma, como política, sufro acoso e violencia, declara. Sen embargo, mantémonos fortes e mobilizadas”, engadiu.

Hanan Kaoud valora enormemente as mobilizacións da sociedade civil en diversos países europeos e tamén as iniciativas de gobernos locais como a charla que impartiu hoxe en Muros, “xa que este tipo de accións nos dan forza e son fundamentais para apoiar a causa”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.