Galicia activa o Plan sanitario de inverno ante o inicio precoz da onda de gripe

16 Novembro 2025

A Consellería de Sanidade vén de activar o Plan sanitario de inverno 2025/2026 tras confirmarse un inicio precoz da onda epidémica de gripe nesta temporada. O obxectivo do plan é previr, planificar e xestionar os recursos asistenciais necesarios para afrontar os picos de demanda provocados polas infeccións respiratorias agudas, garantindo a atención sanitaria nas sete áreas do Servizo Galego de Saúde.

Recomendación de uso de máscara en centros sanitarios

Galicia atópase actualmente en nivel de risco baixo, polo que unha das primeiras medidas consiste na recomendación do uso da máscara, mesmo en ausencia de síntomas. Aconséllase tanto para pacientes e acompañantes como para profesionais en:

  • centros de saúde,
  • puntos de atención continuada,
  • servizos de urxencias hospitalarias.

Nos hospitais, recoméndase tamén nos espazos que atenden a pacientes vulnerables, como UCI, reanimación, unidades de transplantados, oncolóxicos, hematolóxicos, diálise ou hospitais de día. Tamén deberán empregala os profesionais que atendan pacientes e as persoas ingresadas cando saian da habitación.

Refuerzo asistencial e mantemento da actividade cirúrxica

O plan recolle medidas graduais segundo o nivel de risco, incluíndo:

  • atención domiciliaria proactiva,
  • axustes na citación en centros de saúde para evitar aglomeracións,
  • posible creación de circuítos de triaxe diferenciados para casos con sospeita de infección respiratoria.

A actividade cirúrxica manterase e só se verá afectada nos escenarios de maior risco e de forma temporal. Para garantir camas dispoñibles, prevé actuacións nas plantas de hospitalización, especialmente en Medicina Interna, Pneumoloxía, Infecciosos e Xeriatría.

Vacunación: reforzo e novidades

A Consellería destacou o carácter innovador da ampliación da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 70 a 79 anos, despois de comprobarse en Galicia que reduce os ingresos neste grupo.

Tamén se ampliou ata os 11 anos a vacinación infantil fronte á gripe, con 55 centros educativos participando nun programa piloto para facilitar a conciliación e mellorar as coberturas.

Ademais, o plan mantén a rede de 70 farmacias sentinela, que colaboran achegando información sobre a venda de antigripais e test de gripe e covid, permitindo detectar aumentos de contaxios de forma temperá.

Sube a incidencia da gripe tipo A

O informe da semana do 3 ao 9 de novembro confirma o inicio precoz da onda epidémica, con intensidade baixa pero tendencia crecente. Predomina o virus da gripe tipo A, que afecta con máis frecuencia á poboación de maior idade e adoita xerar máis hospitalizacións.

Na última semana ingresaron 182 persoas con gripe confirmada, un 23 % máis que a semana anterior. O grupo de maiores de 80 anos rexistrou a taxa máis elevada. Por áreas sanitarias, o número de ingresos aumentou en todas, agás na de Ferrol.

Sanidade lembra a importancia da vacina antigripal e continúa enviando SMS coa cita correspondente. A poboación diana que non acudise pode solicitar cita de enfermería a través da App Sergas Móbil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

Un menor debe ser entregado a su familia, lo contrario puede entenderse como secuestro, aunque sea un llamado secuestro involuntario, un estado no puede quedarse con un niño que pertenece a otro país debe ser devuelto y entregado a su familia, por otra parte no se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.