En Rianxo o Concello renova a iluminación da Lomba e recibe a autorización para a 2ª fase do novo alumeado do paseo marítimo

24 Novembro 2025

O Concello de Rianxo informou de dous proxectos para mellorar o alumeado de infraestruturas, achegando máis sustentabilidade enerxética, eficiencia e aforro.

Por unha banda rematou a obra para a mellora da eficiencia enerxética no Campo de Fútbol Municipal da Lomba (Taragoña). A actuación permitiu mellorar a iluminación do terreo de xogo cun novos focos con tecnoloxía LED e substituír o antigo sistema de calefacción por outro de menor consumo enerxético. Segundo informou o Concello, para acometer esta actuación recibimos unha subvención da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deporte da Xunta de Galicia por importe de 60.000€.

Ademais, o Concello recibiu a autorización para a segunda fase do proxecto de substitución de luminarias no paseo marítimo de Rianxo, cuxa primeira fase foi levada a cabo no mes de maio, poñendo o foco no treito comprendido entre Setefogas e A Carballeira. Nas próximas semanas licitaranse os traballos para proseguir a transformación do alumeado público. O alcalde Julián Bustelo sinalou que “antes do remate da lexislatura teremos renovado a totalidade do sistema de iluminación do paseo marítimo para garantir o seu uso e disfrute por parte de toda a veciñanza durante todo o ano e en condicións de seguridade”.

A esta renovación sumarase axiña tamén a renovación do firme do paseo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.