Catro novos focos de gripe aviaria en aves silvestres na Pobra do Caramiñal, Sanxenxo, Cee e Ortigueira

22 Novembro 2025

En Galicia non hai ningún caso en aves de curral e seguen en vigor, ao igual que en toda España, as medidas preventivas adoptadas polo Ministerio de Agricultura

A Consellería do Medio Rural vén de comunicar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a través da Rede de Alerta Sanitaria Veterinaria, a detección de seis exemplares de aves silvestres afectados por influenza aviaria de alta patoxenicidade (IAAP), e que constitúen catro focos diferenciados, localizados respectivamente en Sanxenxo (Pontevedra) e Cee, A Pobra do Caramiñal e Ortigueira.

Así, trátase dunha gaivota sombría (Larus fuscus) atopada no municipio de Sanxenxo e que foi trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Cerdedo-Cotobade; de tres gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) atopadas en Cee e que constitúen un único foco,  outra na Pobra do Caramiñal e dun mascato (Morus bassanus) recollido no municipio de Ortigueira. Estas aves foron trasladadas ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Oleiros.

Todas elas foron mostrexadas para proceder á análise laboratorial, resultado confirmado polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid), eliminándose os cadáveres conforme á normativa en vigor. Con estes novos focos, son 14 os notificados en aves silvestres confirmados na nosa comunidade no ano 2025, pero cómpre lembrar que, polo de agora, non se rexistrou ningún caso en aves de curral en Galicia.

Con respecto á situación en España, no actual período de vixilancia anual (desde o primeiro de xullo de cada ano), o número de focos en aves silvestres notificados por España ascende a 108 (110 se consideramos o período desde o 1 de xaneiro), un número inusualmente elevado comparado cos datos de anos anteriores. A situación en Europa tamén reflicte un incremento considerable no número de focos nas últimas semanas.  

Medidas preventivas en toda España

Esta situación epidemiolóxica é a principal razón, xunto coa migración estacional das aves silvestres e o descenso das temperaturas nesta época do ano, que motivou a adopción das medidas preventivas por parte do Ministerio aplicables en todo o territorio español desde o pasado 13 de novembro, tendentes a evitar o contacto directo ou indirecto das aves domésticas coas aves silvestres de calquera especie.

Dada a relevancia do sector avícola en Galicia, e tendo en conta as actuais circunstancias, desde a Consellería do Medio Rural vólvese insistir na necesidade de estremar as medidas de bioseguridade das explotacións, tanto das industriais como das familiares, especialmente as destinadas a evitar o contacto con aves silvestres, así como intensificar a vixilancia das aves domésticas e silvestres, comunicando de inmediato aos Servizos Veterinarios Oficiais calquera sospeita da enfermidade. No caso das aves silvestres esta comunicación pódese levar a cabo a través do teléfono de atención á cidadanía 012.

Cómpre lembrar que o serotipo vírico detectado (H5N1) ten demostrado un escaso carácter zoonótico (contaxio a humanos), aínda que por un principio básico de bioseguridade, recoméndase non manipular aves atopadas enfermas ou mortas e comunicar o feito aos servizos veterinarios oficiais da Consellería do Medio Rural ou á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.