Butaca Zero leva a Rianxo, este venres, o espectáculo “Melón pelado”

05 Novembro 2025

A produtora Butaca Zero, na que milita a rianxeira Esther Carrodeguas, vai levar ao Auditorio Municipal de Rianxo (Sala Arcos Moldes), este venres 7 de novembro, o espectáculo Melón Pelado. Dará comezo ás 20.30 horas. Trátase dunha actividade para público adulto protagonizada por Nuria Gullón e Cris Collazo, con texto de Carrodeguas e dirixida por Xavier Casteñeira.

Con entrada libre até completar a capacidade (convites dente as 19.30 horas, máximo dous por persoa).

Trátase dun espectáculo abeirado ao Programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Sinopse

Cóntanos a historia de dúas titiriteiras que abren unha caixa de bonecas que en realidade é un baúl dos recordos. Aí arranca o conto, situado na España e mil novecentos trinta e tantos. Ameniza o espectáculo a Banda de Música do Pobo (de calquera pobo). Entre o posto de churros e a caseta de anís comparece a procesión, o desfile, a comparsa. Pero trátase dun desfile dantesco de bonecas rapadas. A obra, sen dúbida parece un esperpento. Pero de Valle-Inclán non é. Melón Pelado propón unha viaxe iniciática cara lugares da historia non escrita nin contada, nin moito menos fotografada, para reflexionar sobre o propio feito da memoria do atopado.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...