Avanzan en Rianxo os traballos de remodelación do acceso a Tronco

03 Novembro 2025

Seguen adiante, materializando boa parte do que será o resultado final, os traballos de remodelación da escaleira de acceso á praia de Tronco, unha vella demanda dos veciños e veciñas que cada verán se achegan a este areal que, polas súas características e importante desnivel, sempre presentou problemas de accesibilidade.

Os traballos achegarán unha estrutura que garanta a súa estabilidade fronte a derrubes de terra e un mellor trazado do acceso e das escaleiras e inclúe pasamáns para garantir a comodidade e a seguridade dos visitantes. Os traballos tamén poñen o foco en achegar estruturas e materiais que se adecúen á paisaxe e á contorna.

O rexedor sinalou que esta actuación foi un dos proxectos que abordamos recentemente na Subdelegación do Goberno con Carlos Gil, Xefe da Demarcación de Costas de Galicia, a quen o Concello agradece “a súa disposición para seguir mellorando o noso litoral”.

O alcalde Julián Bustelo engadiu que “en relación aos accesos peonais ao noso litoral, estamos redactando o proxecto técnico para a mellora do sendeiro que comunica a praia de Tanxil con punta Fincheira. Unha actuación moi necesaria tamén para asegurar a seguridade de todas as persoas que transitan por el”.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.