“Após a Fundación Nacional Francisco Franco, outras catro do mesmo carácter van polo mesmo camiño”. Antón Luaces

18 Novembro 2025

Este martes, o Goberno español activou a súa axenda de memória democrática e camiña cara a extinción doutras catro fundacións franquistas que se nutren en boa medida con diñeiro público, após a eliminación o pasado 31 de outubro da Fundación Nacional Francisco Franco.

Os obxectivos a eliminar polo ministro Ernest Urtasun son a Fundación José Antonio Primo de  Rivera, a Fundación Blas Piñar, a Fundación Privada Ramón Serrano Súñer e a Fundación Pro Infancia Gonzalo Queipo de Llano. 

A decisión foi tomada a este respecto na Comisión de Cultura do Congreso, nunha sesión na que  foi presentado asimesmo o anticipo da folla de ruta de 2025, ao abeiro da Lei de Memória Democrática, que establece que as leis que enxalzan a ditadura ou humillan ás súas vítimas poden ser disoltas. 

O ministro de Cultura defendeu  que “un Goberno digno deste nome non pode permitir que o esquecemento de todo o ocorrido neste país se infiltre na nosa memória colectiva e a desintegre”. Insistiu en que o Executivo debe esixir “verdade, reparación e xustiza”. 

A tan só unhas horas de que se cumpran 50 anos da morte de Franco e o remate da súa ditadura, o ministerio de Cultura comeza a borrar un dos seus legados máis visibeis, en boa medida controlados por algúns dos seguidores do franquismo desde partidos da dereita e a estrema dereita españolas. 

Outros artigos

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.