Amicos celebra un acto de seguimento do proxecto AMI4CEI para o impulso do emprego inclusivo

20 Novembro 2025

O Centro de Atención Integral de Amicos, asociación inclusiva do Barbanza, acolleu este xoves 20 de novembro o acto de seguimento do proxecto AMI4CEI, unha iniciativa clave para reforzar o emprego das persoas con discapacidade intelectual ou en risco de exclusión social. O proxecto, impulsado pola área de Alianzas con Persoas e Empresas de Amicos, ten como obxectivo acompañar ás persoas beneficiarias en todas as fases do ciclo laboral: desde a orientación na procura de emprego ata o mantemento sostido dun posto de traballo. Ademais, conta cun forte compoñente de fortalecemento institucional posto que ofrece formación ao persoal da entidade e das empresas colaboradoras, promovendo unha metodoloxía centrada na persoa, habilidades de traballo en equipo e accións dixitais.

Durante o acto, os asistentes puideron coñecer os avances alcanzados ata o momento, tanto no referente aos itinerarios de consolidación de emprego como aos de novos participantes. Entre eles destacan as máis de 210 orientacións que se realizaron no marco do proxecto, así como as 26 insercións de participantes no itinerario 1.

Tamén se fixo fincapé no uso de ferramentas TIC innovadoras no programa. Neste senso, Amicos está a desenvolver unha aplicación móbil e un asistente virtual para mellorar a comunicación cos participantes, así como un software de xestión do talento integrado na web da organización. O proxecto AMI4CEI conta co apoio do Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social (EFESO), e está co-financiado polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) para o período 2021-2027, a través da Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), que actúa como organismo intermedio.

No evento destacou a intervención de María Vieites, atendida pola área de Alianzas con Persoas e Empresas de Amicos, como exemplo de como se mantén un itinerario de asesoramento e formación no marco da iniciativa. Sempre seguindo os valores centrais do proxecto, como son acompañamento individualizado, inclusión sostible, innovación social e dixital, e apoderamento das persoas con discapacidade.

Con horizonte ata finais de 2026, AMI4CEI supón unha aposta innovadora da entidade. Non só busca facilitar a inserción laboral, senón garantir a estabilidade do emprego e fomentar a mellora das posibilidades laborais das persoas con discapacidade intelectual, física ou en risco de exclusión social.

Outros artigos

Martes 20, marcado pola choiva e o vento do sur

As Rías Baixas e a comarca de Santiago quedarán este martes baixo a influencia das baixas presións situadas ao sur de Irlanda, que enviarán a Galicia unha nova fronte activa. A situación traerá ceos cubertos e precipitacións xeneralizadas, que serán máis intensas e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.