Abertas as inscricións dos cursos da Aula CeMIT da Boiro para o mes de decembro

20 Novembro 2025

A Aula CeMIT do Concello de Boiro leva a cabo novas accións formativas en novas tecnoloxías para o mes de decembro. Para participar é necesaria inscrición previa mediante o enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou nos teléfonos 981 84 26 35 ou 629 769 139.

Os días 2, 3 e 4 de decembro vaise impartir a actividade formativa Deseño gráfico con Inkscape (logos e ilustracións) de 10.00 a 12.30 horas; os días 10 e 11 de decembro, Compras seguras en Internet no mesmo horario; e os días 15 e 16, Elaboración de carteis, tamén de 10.00 a 12.30 horas.

A maiores, os días 22 e 23 de decembro de 10.00 a 14.00 horas, a Aula CeMIT vai acoller un Campamento Dixital para rapazada de entre 9 e 13 anos. Trátase dunha actividade na que os escolares van aprender “a empregar a tecnoloxía de xeito creativo, positivo e saudábel”, segundo informou o Concello de Boiro, lembrando que p ara participar desta actividade tamén é necesaria inscrición previa.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...