A IV Ruta do Lirio suma 28 bares e restaurantes de Ribeira e A Pobra do Caramiñal

28 Novembro 2025

A cooperativa de Ribeira OPP83 celebrou este venres 28 de novembro o acto de presentación oficial do cartel da IV Ruta do Lirio, roteiro de tapas organizado pola Cooperativa Santa Eugenia de Ribeira en colaboración coa Asociación de Hostalería de Ribeira e a Asociación de Empresarios da Pobra. O acto reuniu no Auditorio de Santa Uxía a representantes municipais, responsábeis das asociacións e hostaleiros participantes, consolidando unha iniciativa que se erixe como “referente gastronómico da comarca do e que cada ano supera o nivel de participación”, en palabras da Cooperativa.

A Organización de Produtores Pesqueiros ribeirense anunciou que o sábado 6 de decembro ata fin de existencias ofreceranse tapas gratuítas elaboradas con Lirio de Ribeira en 28 bares e restaurantes de Ribeira e A Pobra do Caramiñal.

A cuarta edición da ruta aumenta este ano o número de participantes, xa que na pasada edición chegáronse aos 25 establecementos; en 2023, 10; e, no 2022, 17.

Durante a presentación, a xerente da OPP83, María José Casais, sinalou que “o corazón desta actuación é apoiar á hostalería, auténtica embaixadora dos produtos autóctonos, e poñer en valor o Lirio de Ribeira, que representa o traballo, a responsabilidade e a identidade da nosa frota. Cada ano superamos o número de participantes, e nesta edición contaremos con 28 bares e restaurantes de Ribeira e da Pobra, que ofrecerán tapas gratuítas aos veciños e visitantes”, sinalou, engadindo que “estamos moi orgullosos de ver como cada ano medra a participación e a creatividade da hostalería local, facendo auténticas delicias con un Lirio de Ribeira dunha calidade extraordinaria”.

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, celebrou a continuidade deste itinerario gastronómico impulsada pola OPP83, que “nos deixará con moi bo sabor de boca”.

A primeira edil destacou o papel da ruta como “motor para dinamizar a economía local, poñer en valor os produtos pesqueiros ribeirenses e defender a gastronomía da comarca”. E engadiu: “O lirio é unha das especies máis común nas nosas mesas como localidade costeira que somos, pero é o momento de que tamén teña o recoñecemento e lugar que merece”, declarou ante os medios, para a continuación agradecer o labor de promoción da Cooperativa Galega do Mar Santa Uxía de Ribeira. A mandataria municipal rematou convidando a todo o mundo a participar o 6 de decembro na ruta e reforzando a importancia da unión entre concellos veciños: “Cando somos capaces de unir esas sinerxías, iso ao final tamén é sinónimo de cogobernanza e unión”.

Como representante do Concello da Pobra do Caramiñal, Estefanía Ramos declarou que o roteiro é unha acción que axuda a poñer un valor un produto de calidade como o Lirio de Ribeira e tamén é útil para reforzar o traballo conxunto entre concellos, hostalería, sector pesqueiro e tecido empresarial: “Cando colaboramos, gañamos todos. Gañan os profesionais do mar, os negocios locais e, sobre todo, gaña a veciñanza e a xente que nos visita”. Para rematar, a concelleira de Turismo da Pobra quixo animar aos hostaleiros locais a sumarse a esta ruta na próxima edición e pediulles que “aposten unha vez máis por dinamizar o noso municipio”, xa que “iniciativas como esta teñen un impacto moi positivo”.

Antonio Lijó, vicepresidente da Asociación de Hostalería de Ribeira, asegurou que actuacións como a Ruta do Lirio “son fundamentais para a vida dun pobo, para a hostalería e para o mar”. Nesta liña, destacou que o lirio é “unha especie humilde, pero esencial”, “move emprego e leva o nome de Ribeira por toda Europa”. E salientou a necesidade de traballar xuntos e asociarse: “Unidos, mariñeiros, empresas, hostalería… podemos facer do lirio non so un produto senón un símbolo de identidade, calidade e futuro para Ribeira”.

Pola súa parte, o presidente da Asociación de Empresarios da Pobra, José Antonio Vidal, mostrou o seu entusiasmo coa participación da súa localidade nesta nova edición: “É o segundo ano que participamos e teño que dicir que os hostaleiros e hostaleiras da Pobra están encantados de implicarse”. Nesta liña, celebrou que este tipo de accións serven para reforzar “a unión entre concellos veciños” e converten o Lirio de Ribeira “nun auténtico emblema de calidade, innovación e orgullo da nosa terra”.

Ao acto tamén acudiron o presidente da OPP83, Juan Antonio Pérez, o membro do Consello Reitor da OPP83, Pablo Pérez, e o concelleiro do Mar, Fernando Abraldes.

Listado de bares e restaurantes participantes

Na presentación, a OPP83 tamén recoñeceu o esforzo dos propios negocios participantes, que cada ano fan receitas innovadoras e saborosas co Lirio de Ribeira facendo así a mellor promoción posíbel deste produto pesqueiro. En Ribeira participan: A Recoveira, Brétema, Café Plaza, Cocoluche, Tagen Ata, Tapería A de Maris, Bar Zum Zum, Bulebar, Tío Pepe, Pizzería D’Vicio, El Gourmet Alján, Bar Porrón 2.0, A Central, Bar Pequeño, A Reviravolta, O Bodegón, Bar Bahía, Penín Gastrocervecería e A Chabola, mentres que na Pobra do Caramiñal súmanse Bar Alameda, Bar La Calle, BarMiramar, Mi Manda Picone, A de Rosa, Bar Galeón, Restaurante Sisal, Café 420 e Bar Curotiña.

A IV Ruta do Lirio forma parte das actividades promocionais realizadas pola OPP83 dentro do seu Plan de Produción e Comercialización, que conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia e do FEMPA. Con estas actuacións, a Cooperativa pretende incrementar o consumo de peixe entre a poboación e poñer en valor o Lirio de Ribeira, marca colectiva da OPP83.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...