A Casa Forestal de Baroña acolle unha nova xornada sobre a transformación da madeira

10 Novembro 2025

Este sábado, 15 de novembro, a Casa Forestal de Baroña acollerá unha nova edición das xornadas de transformación da madeira, organizadas polo Laboratorio Ecosocial do Barbanza co obxectivo de poñer en valor a madeira local e fomentar o seu aproveitamento sostible no territorio.

A actividade, aberta ao público, forma parte dun ciclo de encontros financiado con fondos europeos, a través da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) e do programa NextGenerationEU.

Durante a mañá, o público poderá asistir a demostracións en directo de serrado e transformación de madeira, con participación de tres aserradoiros da marca LOGOSOL, que amosarán diferentes procesos de traballo e técnicas de elaboración. Ademais, exhibiranse o funcionamento dunha trituradora e dunha rachadora de leña, exemplificando os distintos modos de aproveitamento da madeira: táboa, astilla e leña.

Esta será a quinta xornada dun programa que busca impulsar a economía forestal local, promover o uso responsable dos recursos naturais e reforzar a conexión entre a comunidade e o seu territorio a través do coñecemento e da práctica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.