Boiro prepárase para vivir unha das fins de semana comerciais máis potentes dos últimos anos. A Asociación Boirense de Empresas (ABE) presentou a campaña Black Finde Boiro, unha iniciativa de dinamización comercial que nace co lema Creando comunidade, mercando local, destacando o valor social e económico de comprar na propia vila. Durante os días 28 e 29 de novembro, 36 negocios locais ofrecerán descontos e promocións especiais, convertendo as rúas de Boiro, en palabras da ABE, “nun espazo activo, atractivo e cheo de oportunidades para veciños e visitantes”.
A listaxe completa de comercios e ofertas pode consultarse en www.abe.gal

Black Finde + Bonos MercaNaVila
A patronal boirense destaca que este Black Finde chega acompañado dun incentivo extraordinario: os Bonos MercaNaVila da Deputación da Coruña continúan vixentes e poden acumularse aos descontos da campaña. Isto significa que a clientela poderá obter aforros moi superiores aos habituais.
A ABE salienta que “os bonos, abertos a persoas de calquera lugar, permitirán atraer visitantes doutros concellos, facendo prever que esta edición poida ser a mellor da historia e unha oportunidade excepcional para adiantar as compras do Nadal beneficiándose do seu máximo valor”.

Un programa de actividades pensado para dinamizar a vila
Para fomentar o ambiente nas rúas e ofrecer alternativas de ocio en familia, ABE organiza varias actividades complementarias:
-Flocos de millo con música. Entrega gratuíta con invitación dos comercios participantes. Venres 28 e sábado 29, de 18:00 a 21:00 h, na parada do tren infantil da Praza do Concello.
-Tren infantil. Un clásico que percorre as rúas de Boiro e que atrae centos de familias. Acceso gratuíto mediante convite. Venres e sábado, de 16:30 a 21:00 h.
-Decoración Black Finde. Os establecementos participantes exhibirán globos negros e carteis oficiais, creando unha imaxe unificada que permitirá identificar rapidamente todos os negocios adheridos.

Mercar en Boiro, construír comunidade
A ABE destaca tamén que o Black Finde Boiro non é só unha acción de descontos, “é unha chamada a reforzar os lazos locais, apoiar a economía de proximidade e lembrar que cada compra na vila xera impacto directo no emprego e na vida diaria do municipio”.
ABE anima á cidadanía e ás persoas visitantes a achegarse a Boiro esta fin de semana para “gozar das mellores ofertas, participar nas actividades e vivir dous días pensados para fortalecer o comercio local”.
LISTADO DE PARTICIPANTES E DESCONTOS
1. Atleet Boiro – Sr. Balón: 20% + 5% tarxeta cliente
2. Atmosfera Sport Boiro – Brincos: Ata o 30% de desconto
3. Baldani Concept Store: 20% + degustación + música
4. Calzados Marlu: Varios descontos + chuches
5. Claudio Cabo de Cruz: Especial BlackOfertas + ruleta de agasallos con cada compra
6. Davisan Boiro SL: 10% PAE e 5% gama branca
7. Demárkel Decoración: 20% de desconto
8. Drolim: Black Friday Beauty ata -50% en imprescindibles de maquillaxe
9. Doce Ópticos Boiro: 25% en gafas de sol seleccionadas
10. Estudio de Pintura e Debuxo Paola García Paz: Mostra de pintura o sábado 29 de 17:00 a 18:00 h; sorteo dunha obra
11. Farmacia Cimadevila: Ata un 30% de desconto
12. Factory Shop by Jealfer: 50% + 20% na tenda principal, outlet na antiga dende 10€ + sorteo de 3 vales de 50€
13. Foot on Mars Boiro – Sr. Balón: 20%
14. Gastrolab Arousa: 10/20/25% en produtos seleccionados + café e bica o venres
15. Herboristería Fiuncho: Descontos en cosmética natural e suplementación
16. Julietabebés: Ofertas especiais
17. Lisvaz: 20% de desconto
18. Lolita Moda: 20%
19. Mercería Lorema: Descontos especiais en prendas seleccionadas
20. Miniklass Tenda Infantil: 20% en todo + 50% outlet
21. Moda TIN: 10% e 20% en prendas seleccionadas
22. Mueble Infantil: Ata o 50%
23. Natisan: 20%
24. O Lar do Trilli – Pensión Os Trillizos: 10% en tortillas, cañas e aloxamento o sábado
25. Óptica Tábora: Ata 50% en monturas e gafas de sol; 40% en progresivos ou 2×1 para compartir con quen queiras
26. Paco’s Moda: 20% + degustación de lambetadas
27. Paquetería/Mercería Esperanza: 20% en roupa de bebé (vestidos, conxuntos, chaquetas…)
28. Paquetería Josefina: 20% en batas e pixamas
29. Peppo Moda: 20% en toda a tenda e ata 50% en seleccionados
30. Princesas e Príncipes: Percheiro 2×1, percheiro ao 40%, outlet: 1 prenda 20%, 2 prendas 30%, 3 ou máis 40%; resto da tenda 10% roupa e calzado / 5% complementos + xogo do Elfo Bromista
31. Punto de Fuga: 10% en enmarcacións; 3×2 en belas artes e pinceles
32. Stimmug Stories: Descontos do 10% ao 20%, promo 4×3 modelos Kol e RDL, 15% en packs de 4 cadeiras/taburetes, agasallos en compras superiores a 200€ e 300€
33. Tiendas Pillados: Todo ao 20% e 30%
34. Tremenda Moda: 10% en roupa e 5% en complementos + detalle en compras superiores a 25€
35. Uttap 3.catorce: Acendido de luces con conta atrás + sorteo entre tíckets do día
36. Zapatería Celia: Descontos especiais




