Xoves 23, TRALA MADRUGADA DE MAL TEMPO teremos situación intermedia con ventos húmidos do oeste

22 Outubro 2025

ATENCION Á MADRUGADA DO XOVES: Chega “Benxamín” con chuvias xeneralizadas, localmente fortes. Os ventos soprarán fortes ou moi fortes en toda a Comunidade.

Galicia quedará este xoves 23 nunha posición intermedia entre as altas e as baixas presións, o que favorecerá a chegada de ventos húmidos de compoñente oeste.

Agárdanse ceos con abundantes nubes durante a primeira metade da xornada e posibilidade de algunha chuvia feble no norte e nas zonas de montaña. Co paso das horas, as nubes iranse retirando e abriranse grandes claros, especialmente no sur e no interior.

As temperaturas descenderán de maneira moderada, sobre todo nas mínimas, mentres que as máximas se manterán sen cambios significativos(18-24 graos).

O vento soprará frouxo do oeste, con intervalos moderados no litoral norte, onde se deixará sentir con máis intensidade.

meteogalicia

O noso mar: vento do noroeste á mañá, do oeste á tarde e do sudoeste á noite, forza 3 a 4 á mañá, 1 a 3 á tarde e 2 a 3 á noite. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá e 2.5 a 3 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.