Xoves 16, ceos despexados e temperaturas sen cambios. Acercase a choiva a partir da fin de semana

15 Outubro 2025

O xoves,16 continuaremos baixo a influencia das altas presións, o que deixará unha xornada de tempo estable e maioritariamente soleado. Agárdanse ceos con nubes altas, que non impedirán o paso do sol, e néboas matinais nos vales do interior, que se disiparán co avance da mañá.

Na segunda metade do día poderán aparecer brétemas costeiras no litoral atlántico, especialmente nas zonas máis abertas ao océano. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, mantendo valores agradables para a época.

Os ventos soprarán frouxos de dirección variable, aínda que no litoral norte serán moderados de compoñente leste. En conxunto, prevese unha xornada tranquila, típica de situación anticiclónica de outono.

A partir do sábado Galicia será afectada polas choivas coa chegada de varias frontes atlánticas que marcarán un cambio notable no tempo durante a próxima semana.

As choivas serán especialmente persistentes nas provincias atlánticas, onde o vento do suroeste e a entrada de aire húmido favorecerán un ambiente inestable e chuvioso durante boa parte da semana.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e á noite e do oeste á tarde, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reivindica o Orgullo con música e cine

O Concello de Ribeira celebrará o Día do Orgullo 2026 cunha completa axenda na que, ademais do acto institucional, non faltarán outras de carácter lúdico. Na presentación, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto á concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...