UCIN Galicia pide dimisións no PP de Noia tras difundirse presunto uso irregular de fondos públicos

27 Outubro 2025

A Unión de Ciudadanos Independientes (UCIN) de Galicia, a través do seu coordinador autonómico José Luis Calo, manifestou a súa “profunda indignación e rexeitamento” polas informacións que apuntan a un uso irregular de fondos públicos por parte do grupo municipal do Partido Popular en Noia.

Segundo os informes da Intervención municipal, o grupo popular podería ter destinado preto de 30.000 euros en comidas, viños e festas cargadas ao Concello, baixo o concepto de gastos de funcionamento do grupo municipal. Estes fondos, segundo UCIN, non podían empregarse para fins partidistas nin para gastos en bares ou encontros con afiliados.

“É absolutamente inadmisible que se utilicen recursos públicos para pagar viños, copas e comidas de partido. A cidadanía de Noia merece respecto e xestores responsables, non prácticas caciquís propias doutros tempos”, declarou Calo.

Ante a gravidade dos feitos, UCIN Galicia reclamou a dimisión inmediata de todos os membros do grupo popular noiés e solicitou unha auditoría completa dos gastos realizados nos últimos anos para determinar posibles responsabilidades políticas ou legais.

O coordinador de UCIN Galicia engadiu que a súa formación “traballa por unha nova forma de facer política, limpa, transparente e centrada nas persoas”. A agrupación fai tamén un chamamento ao resto das forzas políticas e á cidadanía de Noia para defender “unha política honesta, onde cada euro público se destine ao ben común e non aos intereses particulares de ningún partido”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.