Turbina organiza a quinta edición do Tunel do Terror para festexar o Samaín o vindeiro venres 31 de outubro

24 Outubro 2025

O Concello de Boiro promove unha nova edición do Túnel do Terror para festexar o Samaín, unha proposta que organiza o grupo de voluntariado Turbina. A concelleira de Cultura, María Outeiral, presentou a esta actividade xunto con Martín López e Carlos Torrado, do grupo de voluntariado Turbina.

A actividade lúdica terá lugar o vindeiro venres 31 de outubro no local Leñaverde do Centro Social de Boiro.

O Túnel do Terror, que vai xa pola súa quinta edición, contará con sesión para público familiar (de 6 a 12 anos) das 18.30 ás 20.00 horas, e sesións para público xuvenil (maiores de 12 anos) entre as 21.30 e as 22.30 horas e entre as 23.00 e as 00.00 horas.

O acceso será por orde de chegada e o percorrido polo Túnel do Terror farase en grupos reducidos. Dende o grupo de voluntariado Turbina animan a toda a veciñanza a achegarse disfrazado para gozar desta actividade do Samaín.

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...