Ribeira redimensiona o formato da campaña “Contra a violencia machista, non xires a vista”

17 Outubro 2025

De cara a conmemoración do 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Concello de Ribeira opta por dar un novo pulo ao reparto de paraugas ao abeiro da campaña Contra a violencia machista, non xires a vista que involucra ao comercio promovendo a igualdade e que se desenvolverá neste mes de outubro. A Administración local repartirá un total de 1.000 paraugas de balde entre a cidadanía que, previamente, foron adquiridos polo propio comercio local. Esta entrega farase a partir do martes, 21 de outubro, en horario de 10.00 a 14.00 horas, no Centro Cultural Lustres Rivas, ata esgotar existencias.

O requisito para facerse cun destes paraugas é presentar un tícket de compra no comercio ou de consumo na hostalería do municipio con data a partir do luns, 20 de outubro.

En palabras da concelleira de Promoción Económica, Carmen Pérez, o obxectivo é “involucrar a un sector tan importante da nosa economía local e clave no dinamismo social para promover e concienciar á cidadanía sobre a importancia da igualdade, ademais de que buscar que esta acción repercuta positivamente nos negocios dos nosos veciños”.

A edil remarca que, para garantir que esta campaña chegue ao maior número de veciños e veciñas, outorgarase un único paraugas por persoa, con independencia do número de tíckets que se presenten e a contía do gasto que figure nos mesmos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.