Pontón critica en Ribeira a moción de censura do PP e avala o labor de Luís Pérez, quen condenou con dureza a moción de censura

09 Outubro 2025

Ana Pontón: “Poderán quitarnos o goberno cunha moción vergoñenta, pero non a razón, nin a vontade de facer de Ribeira un lugar mellor para a maioría”, recalca.

Luís Pérez criticou con dureza a moción de censura e contrapúxoa cunha xestión baseada “na honestidade”.
O rexedor deuse un auténtico baño de masas, no que para el é unha evidencia de dignidade. Aplaudido a rabiar antes, durante e despois da súa intervención polos centos de persoas que acudiron á convocatoria e que mesmo corearon consignas contra os asinantes da moción de censura.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou este xoves en Ribeira de “vergoñenta” a moción de censura impulsada polo PP contra o alcalde Luís Pérez, asegurando que esta responde ao “bo traballo” do rexedor e ao avance dun modelo de goberno centrado na maioría social. Pontón augurou que, tras demostrar unha maneira alternativa de gobernar, Pérez “volverá ser o gran alcalde que Ribeira merece”.

Durante un acto de apoio celebrado no auditorio municipal de Ribeira, a líder nacionalista defendeu o modelo impulsado polo BNG no concello, un proxecto que —dixo— sitúa ás persoas no centro, fronte a unha moción de censura que só busca “frear o avance da cidade por intereses partidistas e personalistas”.

“Poderán quitarnos o goberno, pero non a razón, nin a vontade de facer de Ribeira un lugar mellor”, proclamou Pontón, quen tamén denunciou “chantaxes, coaccións e compra de vontades” detrás da operación promovida polos populares.

Pontón expresou o seu convencemento de que a maioría da veciñanza está co proxecto liderado polo BNG, e vaticinou que Pérez volverá á alcaldía. “Hai outra maneira de gobernar: sen favoritismos, sen caciquismo, con diálogo e pensando na xente”, subliñou.

Un modelo de transformación centrado nas persoas

A portavoz do Bloque destacou o traballo realizado polo alcalde e o seu equipo nos últimos dous anos, cun proxecto que apostou pola transparencia, a participación cidadá, a defensa dos servizos públicos de calidade e a valorización do mar como sinal de identidade e motor económico.

Tamén puxo en valor iniciativas para reducir desigualdades, repensar espazos urbanos, protexer o medio ambiente e dinamizar a cultura local, demostrando que é posible gobernar con principios e coraxe.

“Demostraches que un alcalde con principios e cun proxecto claro pode marcar a diferenza”, afirmou Pontón, dirixíndose a Pérez, a quen agradeceu o seu “magnífico traballo”.

Pontón considerou a moción promovida polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, como un “acto de desesperación e pánico” ante o avance do BNG en Ribeira e a consolidación do seu goberno local.

“Gobernar ben molesta a quen prefería o clientelismo á defensa do ben común”, sentenciou.

A líder nacionalista concluíu a súa intervención cunha mensaxe de ánimo e compromiso: “Ribeira nin pode nin vai quedar a mercé de intereses partidistas. Esta moción non vai truncar a esperanza e o orgullo de quen sabe que gobernar para a maioría sempre é máis digno que calquera interese oculto”.

Outros artigos

Venres 4, calor extrema cos termómetros rozando os 40 graos

Santiago e as Rías Baixas prepáranse para un venres de calor intensa con máximas superiores aos 33 graos A calor farase sentir con forza este venres 4 de setembro, Santa Rosalía, en Compostela e en todo o litoral suroeste de Galicia. Baixo o dominio das altas presións...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

Me duele lo que escribo. Tal vez difícil de entender. Hay dos tipos de plumas, las plumas biológicas y las plumas de escritura. Las plumas biológicas, las hay de Pavo Real y de buitre carroñero. La pluma estilográfica es, didáctica, limpia y clara, un verbo...

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

Agora que se fala na UE da "guerra híbrida" protagonizada por Rusia en contra de Alemaña, o que levou á propia Unión Europea a empregar ese calificativo para condenar a mistura de ciberataques, sabotaxes económicas, presións diplomáticas e campañas masivas de ...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.