O Museo das Minas de San Finx, distinguido no IX Encontro de Patrimonio Mineiro en común “Aníbal Vázquez” celebrado en Mieres

20 Outubro 2025

O Museo das Minas de San Finx, emprazado en Lousame, foi distinguido no IX Encontro de Patrimonio Mineiro en Común “Aníbal Vázquez”, celebrado en Mieres (Asturias) e organizado polo Concello de Mieres en colaboración con Hunosa e a asociación cultural e mineira Santa Bárbara. Ata aló desprazouse a técnica do Museo das Minas de San Finx, Beatriz Iglesias, para recoller a distinción e participar nunhas xornadas que cada ano reúnen a profesionais de toda España dedicados á xestión, conservación e difusión do patrimonio mineiro.

A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, agradece “a hospitalidade do Concello de Mieres, a súa excelente organización do encontro e a gran acollida recibida por parte da asociación Santa Bárbara, entidade que todos os anos nos visita en Lousame con motivo da celebración da súa festividade”. Así mesmo, salienta “o recoñecemento ao noso pequeno museo, pois é un estímulo para seguir traballando na conservación e posta en valor do noso patrimonio e a nosa historia”.

A novena edición do Encontro de Patrimonio Mineiro en Común “Aníbal Vázquez” reuniu participantes procedentes de Asturias, Andalucía, Castela e León, Galicia ou o País Vasco, que tiveron a ocasión de desfrutar dunha programación que mesturou mesas de debate, intercambio de experiencias entre especialistas e visitas guiades a enclaves tan representativos como os pozos Santo Tomás, San José e Santa Bárbara, este último recoñecido como o primeiro pozo mineiro declarado Ben de Interese Cultural, ou o monumento á herdanza mineira do Val de Turón.

Outros artigos

A III edición da Noite Tradi encheu a praza da Igrexa de Ribeira

Este sábado 11 de xullo de 22 a 01:30 h celebrouse en Ribeira, na Porto do Sol (perante a Igrexa Parroquial de Santa Uxía) a terceira edición da Noite Tradi, organizada pola Asociación Cultural Bailadela e a Concelleria de Cultura de Ribeira. Contou coa actuación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.