Dende o IES Félix Muriel de Rianxo veñen de anunciar o lanzamento da convocatoria da nova edición do Certame Artístico “Cousas”, unha iniciativa escolar que homenaxea a figura e o legado creativo do artista, escritor, debuxante e político local Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O certame propón recuperar o espírito de Cousas, esas breves narracións acompañadas de imaxes que combinan poesía, humor e crítica social, convidando
ao alumnado galego a crear obras literarias e artísticas inspiradas nese xénero.
O obxectivo é “fomentar a creación artística e literaria na mocidade galega e manter viva a memoria cultural de Castelao”.

Na imaxe, un grupo de traballo formado por alumnado de 2º de bacharelato do IES Felix Muriel que se ocupa da organización do certame.
Poderán participar as alumnas e os alumnos de ESO, Bacharelato e Formacion Profesional, que estean a estudar en Galiza e non teñan
cumpridos os 19 anos 0 30 de xaneiro de 2026.
O xurado estará constituído por catro persoas con recoñecemento profesional no ámbito das artes plásticas, da creación literaria, do ámbito
artístico, do ámbito xornalístico e/o da docencia.
Concederanse tres premios: un primeiro premio de 300€, un segundo premio de 200€ e un terceiro premio de 100€. Segundo a calidade das obras, se o xurado o considerase oportuno, os premios poden quedar desertos ou, pola contra, poderán concederse accésits. Entregarase ademais un diploma conmemorativo do evento.
Prazo de presentación: Até o día 30 de XANEIRO de 2026 (as 23:59h)




