O Concello de Rianxo rexenera integralmente a estrada que une A Atalaia co Campo de Fútbol de Santa Lucía

08 Outubro 2025

O Concello de Rianxo levou a cabo traballos de asfaltado para rexenerar completamente a estrada que une o núcleo da Atalaia co Campo de Fútbol da Santa Lucía, en Asados.

Trátase, segundo informaron dende o Goberno local, “dun novo proxecto de mellora da rede viaria municipal que conta cun orzamento de 65.000€ e que permitirá renovar o firme desta vía”. O actual Executivo engadiu que se trata “dunha demanda de moitos veciños e veciñas que nós mesmos levemos ao Pleno varias veces cando estábamos na oposición”.

Para esta actuación contouse cunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.