O Concello de Noia encarga unha análise xurídica para aclarar os supostos gastos sen xustificar do anterior goberno

27 Outubro 2025

A raíz das recentes informacións publicadas na prensa sobre supostos gastos efectuados polo grupo municipal do Partido Popular de Noia, anteriormente no executivo local, o actual Goberno do Concello de Noia quixo verificar a veracidade dos feitos recollidos na prensa.

“Trátase”, adiantan, “de gastos inxustificábeis e, nalgúns casos, directamente ilegais, que inclúen pagos en hoteis, comidas para dúas persoas e consumicións sen relación algunha coa actividade institucional ou política municipal”. Para coñecer os detalles destes feitos, o Goberno de Noia vén de contratar unha asesoría xurídica externa e así “avaliar o alcance destes feitos e determinar os pasos legais e administrativos que procedan, co obxectivo de restituír a transparencia e recuperar os fondos públicos empregados indebidamente”.

O alcalde de Noia, Francisco Pérez, sinalou que “as facturas que se están coñecendo non inxustificábies; hai gastos en hoteis, comidas para dúas persoas e conceptos que nada teñen que ver co exercicio da responsabilidade pública. Non imos mirar para outro lado: a cidadanía merece saber en que se gastou cada euro do Concello”.

Pola súa banda, o tenente de alcalde, Manolo Seijas, sinalou que “non estamos a falar de erros menores, senón de prácticas que poñen en cuestión a confianza veciñal. Todos os informes técnicos sinalaban que eran gastos inxustificables, e o Partido Popular utilizou a súa posición no goberno durante anos para escapar ó control e a supervisión do Concello”.

O actual Goberno municipal quere reafirmar deste xeito o seu “compromiso cunha xestión pública baseada na transparencia, a responsabilidade e o respecto absoluto polos recursos de todos os veciños e veciñas de Noia”, indicaron.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

Cuando los fríos guarismos del último informe PISA vuelven a agitar los titulares con la cantinela de nuestras recurrentes carencias educativas, confirmamos que seguimos midiendo el rendimiento de las aulas con la precisión del contable pero con el desdichado desdén...

“Fama sen rede”. Xosé Antonio López Silva

“Fama sen rede”. Xosé Antonio López Silva

Intente vostede falar na cea dun libro ou dunha figura pública que todo o mundo na mesa coñeza. O máis probable é que se atope con miradas de desconcerto. Os máis novos estarán ao tanto dun fenómeno de millóns de seguidores do que vostede nunca oíu falar, e o autor...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.