O Concello de Boiro traballa no acondicionamento do cemiterio municipal de cara ao Día de Todos os Santos

28 Outubro 2025

O Concello de Boiro traballa no acondicionamento do Cemiterio Municipal de Vista Alegre de cara á festividade de Todos os Santos e Difuntos. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro, Francisco Bermúdez, visitaron este martes 28 o lugar para coñecer o estado de execución dos traballos.

Informaron que estes días estanse a levar a cabo traballos de limpeza e acondicionamento xeral tales como o arranxo das zonas axardinadas e os camiños empedrados; así como pintado e arranxo das edificacións de baños e a capela. Así mesmo estase a levar a cabo a impermeabilización dos panteóns para evitar a súa degradación a causa das choivas e o pintado das mesmas.

Os operarios municipais tamén traballan na limpeza e acondicionamento dos accesos e contorna dos camposantos parroquiais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.