O Concello de Boiro comeza un curso de iniciación á lingua e cultura galegas

16 Outubro 2025

A concelleira de Ensino, Carmen Silva, participou este mércores 15 de outubro na presentación do curso de iniciación á lingua e cultura galegas que leva a cabo o Concello de Boiro para persoas recentemente chegadas a Galicia que queiran iniciarse na nosa lingua e na nosa cultura.

A formación, impartida pola técnico de Ensino, é presencial todos os mércores pola tarde no Centro Social de Boiro e constará dun total de 20 horas de formación que teñen como obxectivo fomentar a integración e a inclusión sociocultural efectiva no territorio abordando vocabulario, fonética ou ortografía; así como recursos de carácter cultural e histórico.

A concelleira, Carmen Silva, deulle a benvida a todos os asistentes e desexoulles “que a formación sexa produtiva que poidades saír de aquí cunhas nocións básicas da nosa lingua e a nosa cultura e que vos sirvan para podervos seguir formando e coñecendo o noso entorno e as nosas costumes”.

·   

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.